Verónica Vicente

FOLLAS NOVAS

Os brotes verdes instan ó crecemento, ás novas follas que están por escribir, ás páxinas en branco dispostas para ser escritas. A pesar do cese da actividade do Centro de Estudos Fotográficos de Vigo e, en consecuencia, tamén o das publicacións da colección Do Trinque, a intervención contextualízase no seu estatement, na súa labor e contribución á fotografía contemporánea, na súa frescura e necesidade de situar a Vigo no mapa. A intervención está realizada con diferentes recortes de libros da súa propia colección sobre algúns brotes novos da primavera, quedando moitos deles baleiros ou en branco como sinónimo do que puido ter sido. 

BIO

Verónica Vicente, Tomiño (Pontevedra) 1988, é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e conta co Mestrado en Fotografía Conceptual e Artística da escola EFTI. Foi Premio de Fotografía Joven da Fundación Enaire en 2019 e expuso de forma individual na Fundación Rac no 2020.