Juan Rivas

A miña proposta pasa por intervir paisaxes reais integrando os libros dentro da imaxe. Aproveitando que os libros son moi pequenos decido representalos no cadro como se fosen tan grandes que non se puidesen colocar nun estante. Os libros rematan colocados contra un edificio, apoiados uns sobre outros nun descampado ou metidos nun desmonte a beira dunha estrada.

Os cadros foron pintados con óleo e o soporte é tela.