ARQUIVO PACHECO

english below

 portada_pacheco

 

 

 

-ISBN: 84-404-8386-4- ESGOTADO
-Data: 1990. Edición bilingüe: galego-inglés.
-Fotografías: Arquivo Pacheco.
-Texto e selección de imaxes: M. Sendón e X. L. Suárez.
-Ilustracións en bitono. 108 páxinas.
-Formato: 22 x 16 cm. Cartoné forrado en tea.
-Prezo: 21 €

EDICIÓN ESPECIAL – ESGOTADA
-Papel baritado 18 x 14 cm.
-50 copias numeradas.
-Acompañadas do libro Arquivo Pacheco.
-Prezo: 60 €

No ano 1870 chega a Vigo o italiano Felipe Prósperi Cortechi. Unha vez nesta cidade deixará o teatro para establecer unha galería fotográfica.

No ano 1884 trasládase á rúa do Príncipe. Morre en 1899, pasando a dirixir a galería a súa muller, que se asocia en 1907 con Xaime Pacheco. En 1915 pasa a ser propiedade exclusiva de Xaime Pacheco.

Xaime de Sousa Guedes Pacheco, nado nunha aldea da Serra da Estrela, formárase como fotógrafo no estudio do seu irmán en Ourense.
Pacheco foi correspondente de Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, ABC, Blanco y Negro, Cifra, Marca… colaborou, así mesmo, con Vida Gallega e con P.P.K.O. editor de Vigo a través de un siglo (1922) e Vigo 1927, sendo da autoría de Pacheco a maioría das fotografías publicadas nestes dous libros.

Xaime Pacheco encárgase fundamentalmente do traballo de estudio, máis considerado socialmente que o realizado no exterior. Do traballo realizado no exterior encárgase, durante as décadas dos vinte e trinta, o seu sobriño Horacio, que chegara a Vigo aos quince anos. Fotografa desde as diversas rúas e edificios modernistas da cidade ata a vida política nos tempos da República e da Guerra Civil. Coa súa cámara vai ás Illas Cies ou sobe ao avión “Marabú” que o marqués de Quintanar trouxera a Vigo para fotografar Vigo desde o aire. Despois da Guerra Civil realiza gran parte da fotografía tomada fóra da galería Xaime Pacheco, fillo, quen durante a súa estancia na guerra fixera diversas reportaxes como membro do gabinete fotográfico de “El Cuerpo del Ejército de Galicia”.

O traballo do estudo Pacheco non só se limita a cidade de Vigo, senón que tamén realizan reportaxes fóra da cidade como o realizado na romaría da Virxe da Franqueira. Amoedo aínda recorda hoxe que para algúns desprazamentos tiñan que saír a véspera, como aquela voda que foron fotografar ás Neves cando había un metro de neve.

No ano ano 1954, aos setenta e seis anos de idade, morre Xaime Pacheco quedando á fronte do estudio os seus fillos Alberto e Xaime, que morrerá no ano 1981.

Os fondos do arquivo Pacheco son amplísimos tanto no que se refire a traballo de estudio como a traballo de reportaxe. Dentro do conxunto dos retratos de estudio están personalidades como Castelao ou Maside; Xosé Moure (P.P.K.O.). É imposibel atopar unha familia, non recén chegada á cidade, que non teña na súa casa fotografías de Pacheco.

Forman parte del non só os acontecementos excepcionais, senón tamén imaxes pertenecentes á vida cotiá. Aparece reflectido tanto o traballo industrial de principios de século como o desenvolvemento dos anos sesenta. Son innumerábeis as placas dedicadas ao Berbés e ao mundo da pesca en xeral.

Contén, así mesmo, toda a vida política das diferentes etapas, merecendo especial interese as reportaxes, xa citadas, da República e da Guerra Civil; a vida social da cidade queda reflectida a través das diferentes modas e costumes, podemos ver o baile de “Las Cabañas” ou as mises das distintas sociedades viguesas. Dunha forma especial poderiamos citar o mundo deportivo, estando rexistradas tanto escenas dos deportes que en cada época se practicaron, como retratos en estudio dos deportistas. Así podemos ver os equipos de fútbol Fortuna (fundado en 1907 con campo en Bouzas) e Vigo (con campo en Coia) que se fusionan no ano 1923 para constituír o Celta.

Algunhas das fotografías móstrannos lugares que deixaron de existir hai tempo, facéndonos reflexionar sobre a súa perda. En definitiva, podemos decir que o arquivo Pacheco contén un século da historia da cidade de Vigo.

 Manuel Sendón

Xosé Luis Suárez Canal

Cúmprense 12 anos da edición polo CEF do libro Arquivo Pacheco. (publicado en 2002)

No ano 1984 Manuel Sendón e Xosé Luis Súarez Canal entran en contacto co Arquivo Pacheco, amosando algunhas das súas fotografías na I Fotobienal de Vigo ese mesmo ano. Posteriormente inician unha investigación máis profunda do arquivo, consultando as placas arquivadas e accedendo a miles de placas que levaban décadas agachadas nun falso cuarto sen entrada visíbel, atopado por eles mesmos. Algunhas delas estaban inservíbeis pero outras sorprendentemente mostraban un estado correcto. Entre estas atopábanse as placas de carácter político anteriores á sublevación fascista así como outras dos anos da Guerra Civil.

Produto deste estudio continuo de máis dun ano de duración foi a exposición monográfica que presentamos na II Fotobienal, na que ademais de imaxes se reconstruía o estudio, amosando os telóns, o coche pequeno no que posaron gran número de familias da cidade así como un considerábel número de cámaras e de instrumentos. Para esta exposición o arquitecto Alfonso Penela realizou unha montaxe específica no que fora o Banco de España, que nese momento estaba en desuso e que a partir desta Fotobienal se pasaría a usar como lugar de exposicións co nome de Casa das Artes. En decembro de 1990 o CEF publica o terceiro número da súa colección Álbum, dedicado ao Arquivo Pacheco, do que son autores os dous investigadores antes citados e que acadou xa dúas edicións. Preséntanse no libro un centenar de fotos e un texto onde se fai un percorrido pola vida de Jaime Pacheco e a súa obra.

A partir desta data, Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal inician as conversas coa familia e co Concello de Vigo para que esta institución adquira o arquivo, o que acontece un ano máis tarde. Establécese que parte del estaría exposto de forma permanente e que se crearía un premio que levase por nome Pacheco.

Ante o mal estado de conservación do arquivo no ano 1993 o CEF realiza, por encargo do Concello de Vigo, un diagnóstico exahustivo da situación do dito arquivo no que se detectan entre os negativos diferentes clases de deterioros como placas rotas, fungos, placas pegadas unhas con outras e placas irrecuperábeis. En total unhas 118.000 placas de vidro e negativos de acetato consultadas requirían un tratamento urxente para evitar a súa desaparición, aproximadamente a metade do total, ademais da necesidade de sometelas todas ao tratamento adecuado.

O CEF fai un amplo informe no que se dá conta de todo isto e propón unha serie de medidas para a conservación global e en boas condicións do arquivo. Tras cinco anos de silencio por parte dos diferentes concelleiros de Cultura do Concello de Vigo, o CEF presenta en setembro de 1999 un proxecto de recuperación do arquivo, no que se contempla o tratamento necesario das placas, a súa catalogación e a preparación para a conservación nas condicións adecuadas. Esta recuperación pasaría pola realización de copias analóxicas de dous tipos, as de estudio e as de exposición, seguindo as normas tradicionais empregadas por museos, estando previsto dende o primeiro momento a realización de exposicións trimestrais ininterrompidas de 30 fotografías, nas que se fosen amosando imaxes recuperadas nos tres meses anteriores, para desta forma facer partícipe a toda a cidadanía no proceso de recuperación do arquivo. Así mesmo, tamén estaba prevista a dixitalización, que no momento actual todo proceso deste tipo leva implícita, pondo a disposición do público a consulta do material a medida que ía sendo recuperado. A daquela concelleira de Cultura Carme Corbalán recibiu con entusiasmo o proxecto, pero non puido levarse a cabo porque inmediatamente abandonou a devandita concellería como consecuencia dos pactos de gobernabilidade do Concello de Vigo.

CEF

In 1870 arrived in Vigo an Italian called Felipe Prósperi Cortecci. Once there le left the theatre and founded a photographic gallery. In 1884 he moved to Príncipe Street. In 1889 Felipe Prósperi died. His wife became the director of the gallery, entering into partnership with Xaime Pacheco in 1907. In 1915 the gallery became exclusively Pacheco’s.

Xaime de Sousa Guedes Pacheco, born in Portuguese Serra da Estrela, had been trained as a photographer in a studio his brother Xosé Pacheco owned in Ourense.

Pacheco was correspondent of Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, ABC, Blanco y Negro, Cifra, Marca… He also collaborated with Vida Gallega and P.P.K.O., the publisher of Vigo a través de un siglo (1922) and Vigo 1927. Most of the photographs published in these two books were made by Pacheco.

Xaime Pacheco would work mostly in his studio since this was a better considered job in society than the work out in the streets. His nephew, Horacio, who had come to Vigo at the age of fifteen, was the one who worked in the street. He made photographs of the different city streets, the Modernist buildings and the political life during the Republic and the Civil War. He went to Cíes Islands, he travelled in the aeroplane “Marabú” which had been brought to Vigo by the Marquis of Quintana, to take aerial views of Vigo. After the Civil War, Xaime Pacheco jr. Took the responsibility of making most of the street work. He had worked during the war as a member of the photographic group called “El Cuerpo del Ejército de Galicia”. The work of Pacheco’s studio was made not only in Vigo, they also worked in other places, for example at Virxe da Franqueira festivity. Amoedo remembers nowadays that sometimes they had to start the trip the day before, as in that wedding they photographed in As Neves with snow more than one yard deep. In 1954, at the age of 76, Pacheco died. From then on the studio was run by his sons Alberto and Xaime. The latter died in 1981.

The collection of Pacheco’s archive (both studio and graphic reportage) is enormous. Among the studio portraits we can find famous people like Castelao, Maside or Xosé Moure (P.P.K.O.). It is impossible to think of a family, not new in the city, who does not have a photograph by Pacheco at home.

The archive is full not only of exceptional events. We can find there everyday images, the images which actually define the evolution of society. It is reflected the industrial work of the beginning of the century as well as the industrial development of the 60s. There is a large number of plates of O Berbés and the fishing world in general.

There are also photographs showing the political life at different stages, being speciall interesting those of the Republic and the Civil War. We can know as well how the social life of the city was, the Dance at “Las Cabañas”, the misses of several societies of Vigo…Special mention must be made of the sport world. There are studio portraits of the sportmen of that time and images of the different sports practiced then. We can see the football team Fortuna (founded in1907, with its ground in Bouzas), and Vigo (with its ground in Coia); these two teams would join later to form the Celta.

Some photographs show us places which do not exist anymore, thus making us reflect on their loss. All in all, it can be said that Pacheco’s archive contains a century of the history of the city of Vigo.

Manuel Sendón

 Xosé Luis Suárez Canal

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s