Christian Villamide

INHUMACIÓN III

A verdade, como la luz, cega. A mentira, polo contrario, é un belo crepúsculo que realza cada obxecto.

Albert Camus

Bosquexo

A peza escultórica INHUMACIÓN III de Christian Villamide está emparentada  coa obra Inhumación III realizada no 2019 no Centro de Arte CAB de Burgos  e Inhumación II realizada no 2020 no Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC. A obra fala de todo o que vai quedando soterrado baixo o asfalto, o formigón, as cidades, baixo os nosos pés, desa cultura esquencida, de periodos borrados de civilizacións, de revolucións perdidas, de ideas pensamentos ou accións soterradas…fala desa perda da memoria histórica.

Neste caso INHUMACIÓN III  fálanos de perda dos proxectos realizados polo Centro de Estudos Fotográficos (CEF Vigo) que tanto aportaron a cultura e a riqueza individual da sociedade, dese vacío deixado polos seus contidos, dese oco non ocupado por outros proxectos,  desa perda, pero tamén de todo o que xerminou a raíz destas iniciativas, eso é o gran valor para un futuro máis culto e libre.

Asistimos por un lado a una sensación de perda que nos permite reflexionar sobre as malas políticas culturais e sobre a cultura que devoramos e consumimos sin a máis mínima reflexión nin crítica.

Na peza INHUMACIÓN III feita en exclusiva para Cabodano. II Andaina e comisaria por Manuel Sendón, exposta no Museo Provincial de Lugo, busquei xunto coa directora do Museo, Aurelia Balseiro, unha ubicación axeitada para a peza, sendo a  sala de arte sacro a escollida, establecendo un diálogo coa pintura da  Virxe Dolorosa que alí se atopa.

Sobre unha torniqueta que amordaza unha serie de libros de colección Do Trinque, editados polo Centro de Estudos Fotográficos, elévase unha estrutura de aceiro corten, grabada e pulida con pó de ouro da que saen dous haces de láser verde, coa que represento por un lado a perda e o oco da mesma e polo outro todo o que nos fixo medrar como sociedade máis culta  como consecuencia deses proxectos hoxe varados no tempo

                                                                                                Christian Villamide

Libros usados para a peza INHUMACIÓN III

  Colección Do Trinque. Editados polo Centro de Estudos Fotográficos: Luis González Palma, Aziz+Cucher: 10 anos de traballo conxunto, Andrea Costas: Persoal e transferíbel, Wojciech Prazmowski, José Romay: No grande azul, Joachim Schmid: Traballos fotogáficos/Photoworks 1982-2002, Graciela Sacco, Milagros de la Torre, Rut Massó: Cartas á fisgona, Karen Knor: Belgravia e Olga Osorio: Reflexións

EXPOSICIÓN NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

11 Novembro de 2022 – 20 Xaneiro de 2023