12 DE MAIO. 86 CABODANO
12 DE MAIO. 86 CABODANO rememora o fusilamento do meu avó, o 12 de maio de 1937

Derradeira carta que o avó de Mar Calda lle escribes a súa muller antes de ser fusilado

Realizarase na rúa Privada Moderna de Vigo, onde viviu a miña familia materna entre os anos 50 e os 70. É un lugar de vínculo familiar, de xogos infantís na rúa, de carga emocional para min e para miña familia. Ademais de que é un espazo dunha grande potencia visual e unha especie illa na cidade: nesta rúa, sen saída e elevada respecto de Urzáiz, queda fóra o bullicio urbano e mesmo semella que o tempo quedou suspendido. É tamén, por estas características, un lugar recollido, idóneo para unha proxección fílmica.


A intervención consta de dous elementos. Un retrato de familia a escala natural que, feito nos anos 30 no estudio Pacheco, estará impreso nunha tela de grande formato. No retrato están os meus avós e os seus fillos e fillas (excepto a miña nai que ainda non nacera). Esta tela estará pendurada fronte ao portal da vivenda familiar. Con esta imaxe como telón de fondo poderán fotografarse diante as persoas da miña familia que o desexen, incluíndose deste xeito nun retrato de familia que nunca puido ser, posando xunto ao antepasado asasinado que non puidemos coñecer.

O segundo elemento é unha proxección con voz en off na que predominan fotografías de Pacheco, imaxes do noso álbum familiar, documentos de diversa índole, así como imaxes realizadas na actualidade nos lugares dos acontecimentos relatados. No vídeo entrecrúzanse así, pasado e presente, a historia familiar e a historia colectiva, nun relato no que a análise fotográfica arrefría aos ratos a emocionalidade e no que a ollada feminista e persistente.
MAR CALDAS