CABODANO

2019

En 2016, despois de ter editados 44 libros, debido ás novas circunstancias o CEF conclúe a súa actividade editorial, e tres anos despois, celebramos o cabodano desta actividade. Nos cabodanos a dor dos velorios vai deixando paso á memoria, e en definitiva este proxecto trata da desaparición, da memoria e dun fin de ciclo dado que hoxe as circunstancias da edición son moi diferentes debidos a crise, aos recortes e ao xurdimento das tecnoloxías dixitais. Máis tamén queremos apostar polo futuro, por iso en vez de facer unha mostra descritiva, como é habitual, convidamos a Ana Soler, Fran Herbello e Joan Fontcuberta a traballar sobre os libros publicados, seguindo a liña do comisariado do CEF de darlle máis importancia á produción de proxectos que á recepción.

A exposición dos traballos realizouse na sala da Fundación de Vigo en 2019, e nela convidouse aos que visitaron a exposición a levar un libro, só un. Como complemento á exposición realizáronse unhas xornadas sobre os libros de fotografía, nas que ademais de analizar a nosa experiencia, abordouse a situación actual dándolle a palabra aos editores actuais.

O CEF finaliza a actividade editorial mais non a de difusión da fotografía mediante outros medios como as exposición.

Joan Fontcuberta

Fran Herbello

Ana Soler

2021. CABODANO. II ANDAINA

Con Foi iso, realizada por Almudena Fernández Fariña, iníciase unha nova etapa do proxecto, resultado de por a disposición de diferentes artistas os libros que quedan, que son fundamentalmente exemplares da colección Do Trinque.

A escolla da facultade de Belas Artes de Pontevedra para iniciar esta nova andaina, que se vai mostrar fundamentalmente a través das redes socias, obedece a que a colección xorde polo interese de editar Cartas á Fisgona, realizada por Rut Massó dentro da materia Fotografía no ano 1993. A vinculación da colección Do Trinque coa facultade de Belas Artes de Pontevedra non se limita a este libro, dado que dos 22 que compoñen a colección 10 corresponden a persoas vinculadas coa facultade, moitas delas iniciadas cando cursaban aquí fotografía. Algúns traballos, como os de Victoria Diehl ou Fran Herbello, tiveron posteriormente unha importante proxección fóra de Galiza.

O CEF convida a quen visite a exposición a que leve un libro, mais só un.

Almudena Fernández Fariña

Mónica Alonso

Alberto Ardid

María X. Fernández

Din Matamoro

Ignacio Pérez-Jofre

Juan Rivas

Christian Villamide

Rosendo Cid

Mar Caldas