-ISBN: 84-87882-161
-Data: 2001. Edición bilingüe: galego-francés
-Fotografías e texto: Antoine D’Agata
-Ilustracións en bitono e verniz. 52 páxinas.
-Formato: 11 x 15 cm. Encadernación rústica.
-Prezo: 9 €
ESGOTADO
english below
San Salvador, La Habana, Tijuana, Marsella, Gaza, Vigo, Hamburgo, Palermo,etc… A noite, o vagabundeo e a necesidade de fotografar, non como acto reflexionado, senón como un espallamento, bruto e sistemático, de experiencias extremas ou ordinarias. Unha práctica indisociábel dunha certa forma de abordar a existencia onde o risco, o desexo, a inconsciencia e o azar son os elementos esenciais. A cidade xa non é xeográfica senón xenérica. O sexo non é un acto senón un estado. Ningunha actitude moral, ningún xuízo. Explorar certos territorios, compartilos ata o final, e entregarse, sen ningunha precaución. Un paso ao acto fotográfico, aos límites do pracer e da morte. As tomas fotográficas son debidas ao azar das situacións, as obsesións seguen sendo as mesmas. Derivas nocturnas, corpos que se abandonan, crueza da carne e da materia fotográfica. Traducir a escisión pola mistura dos corpos e dos sentimentos, nun desprazamento incesante da fronteira entre o fotógrafo e o seu suxeito que desaparecen, rebentados sempre, entre dous encontros efémeros. Unha fotografía lúcida tense que interrogar sobre as condicións turbadoras da súa experiencia entre o ollo e a ollada, a máquina e o inconscente, a impureza fundamental da sua relación co mundo real e o ficticio. O espacio amputado, o tempo manipulado, falsos pretextos ineludíbeis, condenan a imaxe que un ten que escoller entre a hipocrisía, a boa conciencia e a ficción. Na miña práctica ordinaria da mentira, non podo pretender describir outra cousa que non sexa a miña propia situación: os estados ordinarios, os desequilibrios íntimos. Eu non podo comentar outra cousa que a insignificancia mesma do intre fotográfico. Lonxe do documento obxectivo que, a forza de distancia e de cinismo, non é máis que unha parodia do sistema no que se inscribe, lonxe do estetismo que sería unha confesión de impotencia para afrontar o mundo, esas imaxes queren ser un balance incompleto, parcial e instintivo dos espacios físicos e emocionais onde eu son o actor de pleno dereito. O fotógrafo, adepto da antoloxía e das experiencias abortadas, aprópiase dos xestos, desvía os actos e produce os signos que determinan a nosa percepción, “indican” a nosa relación co mundo real convertida en hipotética… ¿como retranscribir unha realidade cando só conta a suma das propias experiencias? Non é a nosa ollada sobre o mundo o que importa, senón as nosas relacións máis íntimas con el. Composición, luz, narración, xa non son as preguntas fundamentais. Quedan a perspectiva que xustifica o acto fotográfico, as interferencias da experiencia e a posta en escena, a materia, a función do personaxe, as incoherencias da secuenciación -as imaxes, como as palabras, séntense soas cando estan illadas-, a conciencia que eu teño do papel de actor, de autor e de director dos meus propios escenarios. Podo pois, pola reconstrucción maníaca de experiencias desordenadas, utilizar o mundo para os meus propios fins e, como experiencia bastante solitaria, remodelalo, transformalo segundo a miña vontade, facer de tal forma que, sen as imaxes, o mundo xa non existe.
Antoine D´Agata
Buenos días.
¿todavía tienes una copia del libro
Antoine D’Agata – Do Trinque – 2001 ISBN: 84-87882-161
para la compra?
Está agotado
GústameGústame
Está agotado
GústameGústame