
A miña elección para este proxecto son os artistas Aziz+Cucher. A súa obra ten unha representación carnal a través de rostros que perden as súas faccións nunha manipulación da súa carne. Eu traballo coas cores da carne e sentín atracción por estes efectos. Vexo no seu traballo un interese pola obtención dun material que pode ser usado e manipulado. A utilización deste material para construír espazos arquitectónicos pareceu revelador; a orde arquitectónica é ríxida, se podemos poñer esa orde, ese control, no noso interior carnal teriamos o dominio e o poder. Como todo control ten o seu desorde, estes espazos arquitectónicos de carne permítennos facer recorridos emocionais polo noso interior. O que quixen facer foi resaltar esa arquitectura de ciencia e de emoción.
Mónica Alonso
EXPOSICIÓN NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
OUTUBRO – DECEMBRO de 2021




Doutora en Belas Artes. Actualmente traballa na investigación artística a través da disciplina que ela creou, o psicoespazo (www.teoriaspsicoespacio.com), que busca relacionar psicoloxía, espazo e cor. Dende fai anos ven traballando no proxecto: Percepción espacial e cromática aplicada a diferentes grupos sociais e culturais.