Rosendo Cid

As cubertas dun libro teñen a importancia evidente de que son o primeiro co que nos atopamos, sendo aquilo que nos da pistas ou suxestións do que imos ver no interior, de tal xeito que para este proxecto decidín intervir nelas e neste caso, a modo de colaxe, nalgúns exemplares da colección Do trinque.
E para darlle máis protagonismo a cada libro, pensei que sería unha boa idea empregar as imaxes e o material, precisamente, do propio interior, sendo así unha posta en valor e un material máis axeitado para levar a cabo dita proposta. Así, escollín catro libros, dos cales poden verse cinco variantes e alternativas de cada un.

Libros intervidos: Joachim Schmid, Luis González Palma, Milagros de la Torre e Aziz+Cucher

ROSENDO CID

Nado en Ourense en 1974 , a súa actividade céntrase nas artes plásticas aínda que o seu interese pola palabra escrita faino alternar, non poucas veces, con traballos literarios e editoriais, mesmo realizando obras plásticas nas cales as palabras son parte fundamental das mesmas.