ISBN: 84-87882-05-6. ESGOTADO
-Data: 1993. Edición bilingüe: galego-inglés.
-Fotografías: José Suárez.
-Texto e selección de imaxes: M. Sendón e X. L. Suárez Canal.
-Ilustracións en bitono. 128 páxinas.
-Formato: 22 x 16 cm. Cartoné forrado en tea.
-Prezo: 18 €
EDICIÓN ESPECIAL- ESGOTADA
-Papel baritado 11 x 15 cm.
-25 copias numeradas.
-Acompañadas do libro José Suárez.
-Prezo: 60 €
english below
José Suárez nace no ano 1902 en Allariz. Tras estudiar o bacharelato en Ourense, onde tira as primeiras fotografías, estudia dereito en Salamanca, tendo unha actividade sindical destacada dentro da FUE durante a Dictadura de Primo de Rivera.
A súa estancia en Salamanca márcao para toda a vida, e dunha forma especial a súa relación con Miguel de Unamuno, quen no ano 1932 lle escribe o prólogo de 50 fotos de Salamanca.
Nos primeiros anos da década dos trinta realiza as series sobre Romarías, Oleiros, Beiramar, A Sega, A Malla, As Feiras e Os Carros. Traballos nos que compaxina a descrición minuciosa dos diferentes oficios cunha gran preocupación estética.
Á volta da exposición que no 35 realiza en París, vai facer no Morrazo a serie fotográfica Mariñeiros que precede a película do mesmo nome que vai filmar para a compañía Cifesa.
Mariñeiros é sen lugar a dúbidas o traballo máis contundente de toda a súa obra fotográfica. Ao analizala formalmente atopámonos con picados, abundantes contrapicados, e corpos cortados, recursos propios das vangardas do momento.
O alzamento fascista do 36 cólleo rodando a película Mariñeiros, tendo que abandonar a rodaxe e exiliarse en América, debido ás súas ideas republicanas de esquerda.
O exilio para José Suárez supuxo unha ruptura total en todos os aspectos vitales e creativos.
Tres ou catro anos despois de ter chegado a Buenos Aires empeza a facer xornalismo percorrendo o mundo como correspondente do diario La Prensa de Buenos Aires.
No ano 1942 publica Nieve en la Cordillera, que amosa a súa paixón vivencial pola neve que o levou a practicar o esquí durante toda a súa vida.
En 1950 instálase en Punta del Este (Uruguai) nunha casa deseñada por el e situada fronte ao mar, onde instala unha librería a que lle pon por nome “El yelmo de Mambrino”. Marcha en 1953 a Xapón como correspondente dos diarios La Prensa e El Día.
A estancia de dous anos no Xapón inflúe decisivamente na súa forma de ver a vida, interesándose dun xeito especial polo teatro Noh e pola pintura.
De volta en América no 56 traduce teatro Noh, dá conferencias, escribe guións para películas e realiza en 1957 na sala Amigos del Arte de Buenos Aires a exposición Vislumbre de Japón. Publica en diferentes medios de comunicación, mesmo en revistas como Life e U. S. Camera. Desde o ano 55 ao 59 colabora practicamente en todos os números da revista Galicia Emigrante.
Durante os anos de estancia en América ten relación con intelectuais galegos e españois alí exiliados como Luís Seoane, Núñez Búa, Luís Tobío, Laxeiro, Blanco Amor, Casona, José Bergamín, Pérez de Ayala, Rafael Alberti…
En 1959 retorna a Galicia, onde volve fotografar o mundo do campo e dos mariñeiros, así como a cidade de Santiago de Compostela. Viaxa a diferentes países europeos para realizar reportaxes para La Prensa de Buenos Aires.
No ano 1965 realiza unha serie fotográfica en La Mancha, sobre a que Eduardo Blanco Amor escribe: “Xamais que eu saiba, os brancos deran tanto de si esa quietude e ensimismamento á par que tan terno e expresivo palique, nen os negros un contido tan patético e sobrio”. A editora inglesa Cassell, ao ver as fotografías de La Mancha en 1966, encárgalle un traballo sobre os touros. Traballo que cun texto de John Marks dá lugar ao libro The Life & Death of the Fighting Bull. Este é, posibelmente, o derradeiro traballo fotográfico que responde a un proxecto, sendo de destacar o uso que fai nesta serie da sombra como recurso expresivo.
José Suárez diferénciase dos demais fotógrafos históricos galegos non só no seu carácter de autor, ao que nos referiamos no comenzo, senón tamén na súa formación cultural.
O regreso do exilio non lle foi fácil. A súa inadaptación á nova vida, debido en parte ás condicións políticas que aquí atopou que non eran do seu agrado, e en parte ás súas condicións laborais e persoais, lévao a vivir unha continua desesperanza.
Foi morrer nas mesmas datas en que morrera Miguel de Unamuno, trinta e oito anos despois. Como se dunha derradeira homenaxe aos homes do mar se tratara, quixo ir morrer en xaneiro de 1974 na Guarda, baixo as miradas dos mariñeiros que tanto levara polo mundo adiante.
Manuel Sendón
Xosé Luis Suárez Canal