ISBN: 84-87882-22-6
-Data: 2002. Edición bilingüe: galego-inglés.
-Fotografías: Luis González Palma.
-Texto: Graciela De Oliveira.
-Ilustracións cor. 64 páxinas.
-Formato: 11 x 15 cm. Encadernación rústica.
-Prezo: 9 €
english below
LECTURA ÍNTIMA
Aínda nos queda pretender unha lucidez implacábel. Ao vermos o pasado, na construción do presente.
Dende a desolación da nosa condición humana, ollarmos a expensas do noso propio equilibrio.
A lucidez de permitírmonos como creadores a visio ludere.
Un neno ao xogar e imaxinar pode sentirse iso que a súa fantasía crea.
Fóra do xuízo adulto cando sostén que todos andamos en paralelo, un neno soña atopar a princesa do seu conto.
Aquí, unha breve historia que resulta nestas representacións de cadeiras baleiras, santos varóns e damas oníricas.
Unha nena flor-silvestre recitaba unha pregaria: dou os meus pétalos por ás…
Un neno paxaro dende a súa gaiola soñaba: se tivese nacido flor…
(¿E quen escoita os silenciosos rezos, esa acumulación de desexos sentenciados a calar?)
Como o lance ao destino dun solitario que envía mensaxes nunha botella.
Fotografías da soidade agardando a que alguén as complete.
A nena flor, esa ausencia, ese obxecto de saudade.
O neno paxaro, esa queda dor de desexo de xogos prohibidos.
O laio que precede a muller que aínda non nomeou co seu corpo.
Anceio da experiencia erótica en termos místicos dos mártires, vehemencia de entrega total.
Como o pintor cando representa o corpo amado para contemplalo e ostentalo sen límites humanos.
Así estas imaxes velan antigas pregarias infantís, proceso dunha paradoxal procura de:
A Ollada do Amor.
O xogo do amor.
Chimpo de intimidade, precipitación a unha fenda profunda entre a verdade e a mentira.
O retorno á incomprensión de nacer, a angustia de mantérmonos ergueitos, de soster a vida, de ser merecentes. Non se trata soamente de que xogan imaxes ou ideas, o obxectivo xira e desafía o risco de exporse.
Autorretratando noutros ata obter a faciana talismán que o desdebuxa ante o exceso da súa luz.
Así, en poucas palabras a historia desta recompilación de olladas:
Aconteceu que un día un retrato tirado para ser observado polo seu artista adquiriu vida.
Como Galatea, que ao mirar con ollos propios puxo ao descuberto o íntimo desexo do seu escultor.
A ollada infinita na que un pode recoñecerse amado.
A melodía desa mirada que nos lembra o son dun violín.
O sentimento de vertixe ante a experiencia real innegábel que devén da súa imaxe.
Graciela De Oliveira
AN INTIMATE READING
We can still strive for an unrelenting clarity. When we look into the past from the construction of the present.
Placed in the desolation of our human condition at the expense of our balance.
Allow us as creators a “Visio ludere”.
When a child is playing and dreaming he can be all what he is creating in his fantasy. Out of adults reasoning´s when they affirm that we all live in parallel; a child will just dream about finding the charmed princess of his tale. The results of these empty chairs, affectionate men and oneric ladies representations are in this short story.
A wild flower girl was reciting a pray: I shall give my petals for wings…
A bird boy from his cage dreamed: If only I was born flower.
“Who listens the silent prays, the summary of wishes destined to remain silent?”
Like destiny chances of a solitary man that sends messages in a bottle.
Photographs of loneliness guessing to be completed.
The flower girl represents the absence, the nostalgia object.
The bird boy represents the remaining pain of wishing forbidden games.
The moan precedes the woman who has not been named with his body.
Craving of erotic experience in the mystical terms of the martyrs, of total dedication.
As the painter that paints the beloved body in order to contemplate it and to air it without human limits.
That is how these images look after ancient infantile prays , process of a paradoxical search of:
The gaze of love.
The game of love.
Hop of intimacy, hurl down in a deep crevice between truth and lie.
The return to the incomprehension of being born; the anguish over staying raised, carrying on life, becoming worthy.
This is no longer about playing with images or ideas; the lens turns and challenges the risk of being exposed.
a