CHAS

 

ficha_chas

-ISBN: 978-84-87882-38-8
-Data: 2010. Edición bilingüe: galego-inglés
-Fotografías: Chas.
-Texto: Chas.
-Ilustracións en cor. 64 páxinas.
-Formato: 11 x 15 cm. Encadernación rústica.
-Prezo: 9 €

english below

Na orixe deste proxecto atopamos a necesidade de rescatar unha parte da nosa historia e do noso patrimonio. É esa parte onde iniciamos o noso camiño como sociedade moderna e industrial. Recuperala a través do visor dunha cámara fotográfica pareceume a forma máis axeitada, por varios motivos.

En primeiro lugar, porque fotografar estas vellas fábricas supón un regreso aos inicios da historia fotográfica. O uso da cámara para a elaboración dun arquivo, a elección dunha temática que versa sobre a arquitectura, a exploración e os cambios sufridos no territorio, a utilización da imaxe fotográfica como unha tecnoloxía que nos permite ter unha visión pausada da “realidade” son cuestións inherentes ao medio fotográfico dende a súa orixe. En segundo lugar, porque, curiosamente, a invención da fotografía e a da conserva hermética de peixe son practicamente coetáneas. E non acaban aquí os paralelismos; en ambos os casos obtemos produtos derivados dunha mecanización, pensados para prolongar a súa duración no tempo.  Poderiamos chegar a definir a fotografía coma un método de conserva de espazos, de persoas, de momentos; é unha especie de memoria en lata, máis aínda cando penso naquelas caixas de latón onde se gardaban as vellas fotografías familiares.

Presento, polo tanto, un proxecto que intenta ir máis aló do simplemente captado pola cámara. Non se trata da realización dun mero exercicio de arquivo. É unha reflexión acerca dos cambios experimentados na sociedade e no territorio. É devolverlles por un intre a estes edificios aquela importancia que algún día tiveron a través dunha mirada limpa e respectuosa. É unha forma de non esquecer, unha maneira de conservar a memoria.

Chas

In the origins of this Project we found the need to rescue a part of our history and our patrimony. It is exactly in that spot where our path as a modern and industrial society begins. Reviving it through the viewfinder of a photographic camera seemed to me the perfect way for various reasons.

In the first place, photographing these beautiful factories involves a shift in time to the come-backs of the photographic history. The use of the camera in order to create an archive, the election of a topic dealing with architecture, the exploration and the changes which took place in the area and the use of an image as the technology which will allow us to have a paused vision of “reality”, are questions which are inherent to the photographic medium from its beginnings.

In the second place, it is also true that the invention of photography and the birth of the hermetic fish conservation method are practically contemporaries. The parallelisms do not end here; in both cases we do obtain manufacture-derived products, devised to prolong their average-life. We could finally come to define photography as a way of preserving people, spaces, moments; it is a sort of canned memory, even more when I think of those brass containers in which the old family pictures used to be kept.

Therefore, I present a Project which tries to go further than what is simply captured by the camera. It extends beyond the creation of a mere archive. It is a reflection on those changes experienced by a society and a territory. It tries to give these buildings back, for an instance, the importance that they once had from a clear and respectful standpoint. It is a way of not forgetting, a way of preserving the memory.

Chas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s