Arquivo da categoría: Sen clasificar

José Suárez en Tokio e en Nova Delhi.

IMG_4686

IMG_4681 A exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan  en Nova Delhi. Inaugurada o 11/X/2017.

 

20170718_193611.jpg

 José Suárez. Uns ollos vivos que pensan  en Tokio, inaugurada o 17 /VII/ 2017.

Advertisements
Galería

José Suárez. Uns ollos vivos que pensan en París

Esta galería contén 3 imaxes.

José Suárez volve a París

No ano  1935 José Suárez expuxo en París, agora as súas fotografías volven alá. Vaise cumplindo o obxectivo da expo: proxectar a súa obra fóra de Galiza.  

PANEL-ENTRADA.jpg

CASA DA FOTO, Vigo. Hª dun proxecto

En 1999, tras quince anos de Fotobienal en particular a través do seu proxectoVigovisións Vigo convertérase nunha cidade coñecida no mundo da fotografía internacional. No ámbito galego a Fotobienal de Vigo e a Sala dos Peiraos constituían os referentes fotográficos en Galiza, logrando un importante recoñecemento no mundo da cultura e da cidadanía en xeral. A dinámica das fotobienais demostra que é compatíbel o rigor cunha importante aceptación popular.

O proxecto Casa da Foto pretendía continuar coa dinámica iniciada na Fotobienal e na Sala dos Peiraos de facer a Galiza, e a Vigo en concreto, partícipes do debate da fotografía contemporánea. A súa programación seguiría baseándose na produción de exposicións e na realización de proxectos propios, e non en ser un mero receptor de exposicións dirixidas á “periferia”, como acostuma suceder en moitas institucións. Un centro ten sentido e colle prestixio só en función da súas producións propias. Asemade potenciaríase o intercambio de fondos con institucións doutros países, coa colección Vigovisións como carta de presentación e moeda de cambio para obtermos exposicións dun xeito moi vantaxoso.

Un dos obxectivos da Casa da Foto era a recuperación da fotografía histórica galega, seguindo a actividade realizada neses últimos quince anos, pero dotándose das instalación precisas para poder conservar, clasificar, estudar e difundir a obra dos diferentes fotógrafos e arquivos fotográficos galegos. Actuación que se basearía na política de doazóns e depósitos, e se fose preciso na compra.

No referente á fotografía contemporánea, partiamos da base de que non ten sentido pensar na dinamización da fotografía galega se esta non vai acompañada dunha política de difusión da fotografía contemporánea doutros países, polo que se seguiría na liña de potenciar o diálogo da fotografía contemporánea universal coa fotografía galega. Neste obxectivo o proxecto Vigovisións sería fundamental e realizaríanse encomendas e proxectos dirixidos aos fotógrafos galegos, prestándolles unha especial atención aos novos autores galegos.

……..

SEGUIR LENDO

Exposición de José Suárez en Montevide0

expo-montevideo-2

expo-montevideo

José Suárez en Montevideo

   O día 9 de decembro inaugúrase a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan no Centro Cultural de España de Montevideo.

 

CONFERENCIAS. Centro Cultural de España, Montevideo, 7 de decembro

José Suarez. Unha vida, unha obra por Xosé Luis Suárez Canal.

A emigración galega a Latinoamérica através da fotografía por Manuel Sendón

Iníciase a itinerancia americana da exposición José Suárez

  O 18 de outubro inaugurarase no Centro Cultural Borges de Bos Aires a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan.

unnamed-2