VIGOVISIÓNS no espazo expositivo XANELA

a xanela.jpeg

PANEL-SUPERIOR.jpg

PANEL-MEDIO.jpgPANEL-INFERIOR.jpg

O pase de diapositivas require JavaScript.

O proxecto Vigovisións formaba parte da programación da Fotobienal de Vigo e consecuentemente coa filosofía do seu comisariado, o Centro de Estudos Fotográficos, baseábase en darlle importancia a produción de obra, fronte as estratexias habituais centradas na mera recepción de obra xa realizada.

    Vigovisións consistía e convidar a fotógrafos a traballar en Vigo con total liberdade, sen ningún tipo de esixencia descritiva. Tratábase de converter a Vigo nun lugar de traballo fotográfico, e a cidade aparecería reflectida só na medida en que o proxecto estético de cada un o demandara. En cada edición invitábase a fotógrafos de distintos países, incluíndo sempre un de Galiza, e de moi diferentes concepcións estéticas, así realizáronse dende fotografías de claro carácter documental ata instalacións.

         A primeira edición realízase no ano 1986, un momento en que a fotografía non tiña a consideración que acadaría posteriormente, o que unido ao prestixio que foi adquirindo o proxecto, permitiu, cun baixo orzamento, contar con fotógrafos e fotógrafas dos máis relevantes do panorama internacional.

          As obras realizadas pasaron a formar parte da Colección Fotográfica da Fotobienal propiedade do Concello de Vigo, e a pesar do prestixio internacional que acadou leva máis de 15 nos almacéns do museo sen sacarlle o partido que potencialmente teñen. O Centro Galego de Fotografía foi construído co obxectivo de recibir esta colección, para poder disfrutala, estudala e difundila.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s