CASA DA FOTO, Vigo. Hª dun proxecto

En 1999, tras quince anos de Fotobienal en particular a través do seu proxectoVigovisións Vigo convertérase nunha cidade coñecida no mundo da fotografía internacional. No ámbito galego a Fotobienal de Vigo e a Sala dos Peiraos constituían os referentes fotográficos en Galiza, logrando un importante recoñecemento no mundo da cultura e da cidadanía en xeral. A dinámica das fotobienais demostra que é compatíbel o rigor cunha importante aceptación popular.

O proxecto Casa da Foto pretendía continuar coa dinámica iniciada na Fotobienal e na Sala dos Peiraos de facer a Galiza, e a Vigo en concreto, partícipes do debate da fotografía contemporánea. A súa programación seguiría baseándose na produción de exposicións e na realización de proxectos propios, e non en ser un mero receptor de exposicións dirixidas á “periferia”, como acostuma suceder en moitas institucións. Un centro ten sentido e colle prestixio só en función da súas producións propias. Asemade potenciaríase o intercambio de fondos con institucións doutros países, coa colección Vigovisións como carta de presentación e moeda de cambio para obtermos exposicións dun xeito moi vantaxoso.

Un dos obxectivos da Casa da Foto era a recuperación da fotografía histórica galega, seguindo a actividade realizada neses últimos quince anos, pero dotándose das instalación precisas para poder conservar, clasificar, estudar e difundir a obra dos diferentes fotógrafos e arquivos fotográficos galegos. Actuación que se basearía na política de doazóns e depósitos, e se fose preciso na compra.

No referente á fotografía contemporánea, partiamos da base de que non ten sentido pensar na dinamización da fotografía galega se esta non vai acompañada dunha política de difusión da fotografía contemporánea doutros países, polo que se seguiría na liña de potenciar o diálogo da fotografía contemporánea universal coa fotografía galega. Neste obxectivo o proxecto Vigovisións sería fundamental e realizaríanse encomendas e proxectos dirixidos aos fotógrafos galegos, prestándolles unha especial atención aos novos autores galegos.

……..

SEGUIR LENDO

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s